Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións eléctricas do parque eólico de Serra da Cadeira para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 89-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula

o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Serra da Cadeira coas seguintes características:

Peticionario: Eólica da Cadeira. r/ Menéndez Pelayo, 8, 15005 A Coruña.

Situación: Barreiros, Trabada, A Pontenova, Riotorto, Mondoñedo e Lourenzá.

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.642.000,00; 4.818.000.00), V(0.644.500,00; 4.813.000,00)

V(0.647.000,00; 4.803.000.00), V(0.646.000,00; 4.799.000,00)

V(0.640.000,00; 4.799.000.00), V(0.639.000,00; 4.814.000,00)

Superficie afectada: 10.525 ha.

Potencia bruta: 28,05 mW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 22 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo