Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.292

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Estiba y Desestiba del Noroeste, S.L.

Vista a acta da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Estiba y Desestiba del Noroeste, S.L., con nº de código 3602232, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-7-2001, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 16-4-2001. De conformidade co disposto no artigo 5 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de agosto de 2001.

P.A.

Luis Boullosa Nores

Secretario provincial de Pontevedra

Acta final

Reunidos, pola parte económica, Silvino Tenorio Rey, en calidade de representante legal da empresa Estiba y Desestiba del Noroeste, S.L. (Estinorte).

E pola parte social, o comité de empresa, constituído polos seguintes membros:

UGT: Ignacio Souto Valverde.

Eva Fernández Martínez.

CIG: José Benito Alfonso Avendaño.

CGT: Pedro Pablo Paz Collazo.

CUT: Cándido Villar Rodríguez.

Esta reunión ten por obxecto a negociación do convenio colectivo de empresa. Ámbalas partes chegaron á adopción dos seguintes acordos:

Primeiro.-Modifícase a táboa salarial aplicando o incremento pactado, que queda como no anexo I a este acordo.

Segundo.-Para as categorías de mozo e de mozo especializado, pactouse un incremento superior ó establecido, polo que no suposto de que o IPC real supere as previsións do actual incremento, os traballadores afectados non terán dereito a esta revisión.

Terceiro.-A vixencia deste acordo será ata o 31 de decembro deste ano.

Moaña, 16 de abril de 2001.

ANEXO I

Táboa salarial-ano 2001 (a partir do 1-4-2001)

1 Salario base

2 Inhábiles

3 Tóxico, penoso, perigoso

4 Gratificación voluntaria

5 Extras xullo e decembro

6 Vacacións

7 Transporte

8 Axudas de custo

9 Total salario día

123456789

Estibador especialista2.7511.1002.103-4524043491.0008.159
Amanteiro2.7511.1002.103-4524043491.0008.159
Enganchador2.7511.1002.103-4524043491.0008.159
Estibador2.470 9881.671-4063453211.0007.201
Mozo especializado2.6501.060-667436276344-5.433
Mozo2.5001.000-788410275251-5.224