Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.293

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 29 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que comunica a apertura dun prazo para solicitar plazas de interinidades e substitucións en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e profesores de escolas oficiais de idiomas.

Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para os corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e profesores de escolas oficiais de idiomas nas siguintes especialidades:

1. Corpo de profesores de ensino secundario.

EspecialidadesTitulacións

Xeografía e historia-Licenciado en xeografía e historia

Informática-Diplomado en estatística-Enxeñeiro técnico en informática de xestión-Enxeñeiro técnico en informática de sistemas-Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas

2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional.

EspecialidadesTitulacións

Fabricación e instalación de carpintería e moble-Técnico superior en producción de madeira e moble

EspecialidadesTitulacións

Mecanizado e mantemento de máquinas-Técnico superior en producción por mecanizado

Soldadura-Técnico superior en construccións metálicas-Técnico especialista en construccións metálicas-Técnico especialista en soldadura-Técnico especialista en fabricación soldada-Técnico especialista en caldeirería e chapa estructural

3. Corpo de profesores de escolas oficinais de idiomas.

EspecialidadesTitulacións

Italiano-Licenciado en filoloxía italiana

O prazo para presenta-la instancia-solicitude, na consellería ou nas delegacións provinciais, será de 7 días contados a partir do día seguinte ó deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As bases da convocatoria e o modelo de solicitude atópanse na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais.

A asignación da puntuación que lles corresponde ós concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos previstos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2001.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal