A resolución nº 12 da Dirección Xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, con data do 26 de setembro de 2001, recolle integramente a convocatoria e as bases do proceso selectivo para cubrir, mediante o sistema de concurso-oposición libre, unha (1) vacante de almacenista, unha (1) vacante de auxiliar de informativos e dúas (2) vacantes de locutor de TV.
A dita resolución poderá ser recollida en Tórculo Artes Gráficas; praza de Mazarelos, 14-baixo, Santiago de Compostela; teléfono 981 58 54 55, a partir do día seguinte a este anuncio, e facendo advertencia
de que o prazo de solicitudes será de trinta (30) días a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2001.
Francisco Javier Ruiz de Cortázar Díaz
Director da División de Recursos Humanos
da Compañía de Radio-Televisión de Galicia
e as súas sociedades