Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2001 Páx. 14.252

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO do 2 de outubro de 2001, relativo á convocatoria para prover unha (1) praza vacante de titulado superior unha (1) praza vacante de relacións públicas na Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

A resolución nº 11 da Dirección Xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, de data do 26 de setembro de 2001, recolle integramente a convocatoria e bases do proceso selectivo para cubrir, mediante o sistema de concurso-oposición libre, unha (1) vacante de titulado superior e unha (1) vacante de relacións públicas.

A dita resolución poderá ser recollida en Tórculo Artes Gráficas; praza de Mazarelos, 14-baixo, Santiago de Compostela; teléfono 981 58 54 55, a partir do día seguinte a este anuncio, e facendo advertencia de que o prazo de solicitudes será de trinta (30) días a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2001.

Francisco Javier Ruiz de Cortázar Díaz

Director da División de Recursos Humanos

da Compañía de Radio-Televisión de Galicia

e as súas sociedades