Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2001 Páx. 14.252

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE, S.A.

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora: Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama). R/ Morzós nº 10, As Encrobas, 15187 Cerceda, A Coruña (España). Teléfono: 00 34 981 69 85 00. Fax: 00 34 981 68 60 64.

2. Natureza do contrato: contrato de prestación de servicios.

3. Lugar de prestación: Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Natureza do servicio: prego do concurso de operación, limpeza e mantemento da planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de CDR, nas condicións establecidas no prego de condicións.

5. Duración e data de comezo aproximada.

Duración: seis meses prorrogable mensualmente ata 18.

Data de comezo: xaneiro-febreiro 2002.

6. Consulta de documentación: os pregos de condicións poderán retirarse no seguinte enderezo:

Copy Nino

R/ Xeneral Pardiñas, 2.

Santiago de Compostela (A Coruña) España.

Teléfono: 00 34 981 58 89 38.

7. Data límite de recepción de ofertas: ás 12 horas do día 14 de decembro de 2001.

8. Lugar de entrega de ofertas: mesma dirección apartado 1.

9. Idioma das ofertas: o idioma será o español, galego ou lingua da CE acompañada de traducción oficial.

10. Lugar e data de apertura: a apertura de ofertas realizarase ás 13 horas do día 17 de decembro de 2001. O lugar de apertura é o que figura no punto 1.

11. Fianzas e avais esixidos.

-Aval provisional de 5.000.000 de ptas./30.050 A.

-Aval definitivo de 10.000.000 de ptas./60.101 A.

12. Prazo de validez da oferta: 6 meses contados desde o día 14 de decembro de 2001.

Luis Mingo Reiz

Presidente da Sociedade Galega do Medio

Ambiente, S.A.