Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2001 Páx. 14.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Santa Marta, no concello das Neves da provincia de Pontevedra, por parte de Patricio Morais Cabaleiro.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Patricio Morais Cabaleiro, con domicilio en San Xurxo de Salceda, Outeiro, Salceda de Caselas, pre

sentou nesta delegación provincial, o día 23-3-2001, instancia-solicitude de permiso de investigación Santa Marta, de 7 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, sección C), que se sitúa no termo municipal das Neves da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2952 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

18º 22' 40''42º 09' 20''

28º 22' 00''42º 09' 20''

38º 22' 00''42º 08' 40''

48º 22' 20''42º 08' 40''

58º 22' 20''42º 08' 20''

68º 23' 00''42º 08' 20''

78º 23' 00''42º 09' 00''

88º 22' 40''42º 09' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 1 de outubro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra