Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2001 Páx. 14.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T. e R.B.T. de Feces de Cima, nos concellos de Verín e Vilardevós, provincia de Ourense. (Expediente IN407A 01/61-3 A.T.).

Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez, nº 45, 32003 Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentou alegacións o propietario do predio nº 11 da relación de afectados no concello de Verín as que se refiren unicamente a cuestións de tipo económico que non corresponde resolver nesta fase do procedemento, xa que será o órgano competente, o xurado provincial de expropiación, despois de analiza-las correspondentes follas de aprecio coas valoracións que presenten tanto a beneficiaria, como o propietario do terreo, o que resolverá ó respecto.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que naquela non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso ás que se refire o artigo 161 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polo Real decreto 1955/2000 e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro (DOG do 16 de febreiro).

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizar a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que

conta cos seguintes datos básicos para un orzamento de 75.210,66 euros (12.514.001 pesetas):

-Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 3.294 m, en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, derivada desde a L.M.T. a Vilardevós e con final no C.T. existente en caseta en Feces de Cima, a reformar por outro C.T. de 100 kVA e r/t 20.000/380-220 V.

-Rede de baixa tensión de 865 m en conductor R.Z. e apoios de formigón.

Segundo.-Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios dos mesmos e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 25 de maio de 2001, que se publicou no DOG do 6-7-2001, no BOP de Ourense do 20-6-2001 e no xornal diario La Región do 5-6-2001.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 25 de setembro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense