Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2001 Páx. 14.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación San Lucas 4, número 5.629-4, da provincia de Lugo e promovida por Ingemarga, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución, o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación San Lucas 4, nº 5.629-4, situada en terreos dos concellos de Lugo e O Corgo, provincia de Lugo, e solicitado por Ingemarga, S.A.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias da delegación provincial de Medio Ambiente correspondente, así como nos concellos

de Lugo e O Corgo, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria