Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2001 Páx. 14.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/123-2, 5677 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decre

to 1955/2000 sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Silvela-San Martín de Suarna.

Situación: A Fonsagrada.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 35 m conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. a OCR San Martín de Suarna e final en C.T.I. de Silvela. C.T. intemperie de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aéreo con lonxitude de 405 m e conductor tipo R.Z.-50.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 24 de setembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo