Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación da Abelá-Rigueira.
Situación: Xove.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 173 m de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. a C.T.I. A Abelá e final en C.T.I. A Abelá. C.T. intemperie de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con lonxitude de 1.565 m e conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 24 de setembro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegada provincial de Lugo