Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2001 Páx. 14.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación denominado Barreiro número 2879.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que por Resolución do 26-4-2001 se outorgou a Granitos Terra, S.L. o permiso de investigación denominado Barreiro nº 2879, de dúas cuadrículas mineiras para recursos de sección C), granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Salceda de Caselas, da provincia de Pontevedra; as súas coordenadas xeográficas son as seguintes:

VérticeLonxitudeLatitude

18º 33' 20''42º 05' 40''

28º 33' 00''42º 05' 40''

38º 33' 00''42º 05' 00''

48º 33' 20''42º 05' 00''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 1 de outubro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra