Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2001 Páx. 14.227

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (556/2000).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe:

Certifico que neste xulgado séguense autos número 556/2000 por instancia de Mario Iglesias Fernández asistido polo letrado Pablo Campos Requeiro, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social representada polo letrado Ángel González Quintas. A Tesourería Xeral da Seguridade Social, a cal incomparece pese a estar citada en legal forma, a Mutua Montañesa, representada polo letrado Francisco Javier Gómez Oviedo, a empresa Alonso Gaztelumendi, S.L., Aurelio Alonso Gaztelumendi e Pedro Alonso Álvarez os cales incomparecen pese a estar citados en legal

forma. E a empresa Socime, S.L. sobre accidente enfermidade nos que recaeu sentencia en data 27-9-2001 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando en parte a demanda promovida por Mario Iglesias Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, la Mutua Montañesa, a mutua Fremap, Alonso Gaztelumendi, S.L., Pedro Alonso Álvarez e Aurelio Alonso Gaztelumendi e a empresa Socime, S.L. debo declarar e declaro que o demandante se encontra incapacitado para o exercicio da súa profesión habitual desde o 25-2-1999, por enfermidade común condenando as demandadas a estar e pasar pola anterior declaración e condenando así mesmo o Instituto Nacional da Seguridade Social a mante-lo demandante na situación de incapacidade temporal ata que se produza a alta médica ou a declaración de invalidez permanente e así mesmo o Instituto Nacional da Seguridade Social e á Tesourería Xeral da Seguridade Social, ó aboamento da prestación correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgado pronuncioo, mandoo e asinoo.».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Socime, S.L., Aurelio Alonso Gaztelumendi, Pedro Alonso Álvarez, a empresa Alonso Gaztelumendi, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de setembro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado