Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 05 de novembro de 2001 Páx. 14.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 1 de outubro de 2001, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00325-S-2001).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, iniciáronse cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servico de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos qunce días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, para que lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostel o 1 de outubro de 2001.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servicio de Informes e Recursos

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00325-S-2001

C-2060-AP

Policía Autonómica

Mª del Carmen Lago Mauriz

Lobo Montero, 270

150 Narón (A Coruña)

Realizar transporte de mercadorías (ameixas) co vehículo matrícula C-2060-AP, carecendo do certificado de autorización especial para o transporte de mercadorías perecedoiras segundo denuncia formulada polos funcionarios do corpo da policía autonómica con carnés profesionais nº 26.866 e 75.706.

10-7-2001; 16.15; ;

Artigo 7 do Real decreto 237/2000, do 18 de febreiro, sobre transporte de productos alimentarios a temperatura regulada (BOE nº 65, do 16 de marzo) Artigo 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990 50.000 pesetas

300,51 euros