Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión realizada o día 25 de setembro de 2001, aprobou definitivamente o texto refundido do Plan Especial de Protección do Centro Histórico de Combarro e o Catálogo de Edificios e Conxuntos do Concello de Poio, redactados pola arquitecta Pascuala Campos de Michelena, en virtude da delegación de competencias pre

vista no artigo 45.2º, en relación co artigo 45.1º e 26.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Faise constar que este anuncio se publicará no DOG e no BOP de Pontevedra, e procederase a publicar no BOP as normas urbanísticas do plan especial e catálogo aprobados, de conformidade co disposto no artigo 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, non entrando en vigor o plan e catálogo ata a publicación íntegra delas e transcorre-lo prazo de 15 días hábiles anteditos no artigo 65.2º da mesma lei.

Contra o acordo de aprobación definitiva do plan e catálogo, que é definitivo en vía administrativa, pódese interpor directamente por quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio no DOG ou no BOP, consonte o establecido nos artigos 58, 59.5º e 60 da Lei 30/1992 e 10.1º b) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; significando que, conforme o disposto no artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non cabe interpor recurso de reposición perante este concello.

Poio, 1 de outubro de 2001.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde