Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ponteceso.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Nº de expediente: SC001/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de camión equipado con guindastre hidráulico para o servicio da luz pública.

b) Lugar de execución: Concello de Ponteceso.

c) Prazo de execución (meses): dous (2).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dez millóns dezanove mil cincocentas pesetas (10.019.500), IVE incluído (60.218,41 euros).

5. Garantías:

Provisional: 200.390 pesetas (1.204,35 euros).

Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Ponteceso.

Enderezo: Rúa Concello nº 18.

Localidade e código postal: 15110 Ponteceso.

Teléfono: 981 71 40 00.

Fax: 981 71 50 28.

7. Clasificación do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de oito días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación mediante concurso con procedemento aberto de subministracións comprendidas en plans provinciais da deputación provincial, BOP nº 78 do 4-4-2001.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Ponteceso.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o terceiro día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

b) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos dos anuncios: os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Ponteceso, 15 de outubro de 2001.

José Luis Fondo Aguiar

Alcalde