Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ACORDO do 22 de outubro de 2001 polo que se anuncia concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación das obras de saneamento de Xuviño FCL/2001.

Tipo de licitación: 13.236.279 pesetas, IVE incluído.

Fianzas: definitiva por importe do 4% do tipo.

Prazo de execución: tres meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, de 9 a 13.30 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP.

Apertura de plicas: na casa do concello ás 13.30 hora do terceiro día hábil posterior ó de remate do prazo de presentación (agás sábados).

Información: no Servicio de Contratación na secretaría do concello, teléfono: 986 77 00 01 e fax: 986 77 12 77.

Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 9ª do prego.

Gastos: por conta do adxudicatario, estipulados na cláusula 20ª.

Poio, 23 de outubro de 2001.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde