Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

ANUNCIO.

Aprobado con carácter inicial por resolución da Alcaldía-Presidencia de data 15 de outubro de 2001, o estudio de detalle de iniciativa privada presentado por Alejandro Allegue Alvedro para o desenvolvemento da área de reparto I, (PNC-1) do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, promovido por Pavea Plásticos, S.L. no lugar de Papellas, redactado polos arquitectos Miguel Ángel Abad e Antonio Deus, faise público ó abeiro dos artigos 34 e 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 140 do Regulamento de planeamento urbanístico:

Primeiro.-Suspéndese o outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición na zona delimitada polo estudio de detalle, polo prazo dun ano, se ben a dita suspensión extinguirase coa aprobación definitiva do estudio de detalle.

Segundo.-Sométese a información pública durante o prazo dun mes esta aprobación inicial, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, no BOP e nun xornal dos de maior tirada da provincia, para efectos de alegacións.

Ares, 15 de outubro de 2001.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde-presidente