Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ANUNCIO de información pública.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación de asistencia técnica para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Becerreá, exponse ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos polo artigo 122 do Real decreto lexislativo 78/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións a licitación, se ben esta se adiará no suposto de

producirse reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución pola corporación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

2. a) Obxecto do contrato.

Proxecto de asistencia técnica para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Becerreá.

b) Lugar de execución: Becerreá.

c) Prazo de execución: dous anos prorrogables.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 10.977.120 pesetas. 65.973,82 euros.

5. Garantías:

Provisoria: 219.542 pesetas, 1.319,47 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Becerreá. Avd. Madrid nº 2, código postal 27640. Becerreá (Lugo) teléfono 982 36 00 04.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 11 j) e k) do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: oitavo día natural seguinte ó da derradeira publicación oficial.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous sobres pechados.

Sobre «A», subtitulado oferta económica que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo II do prego.

Sobre «B», subtitulado personalidade xurídica, conterá a documentación sinalada na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Becerreá. Avda. Madrid nº 2.

e) O prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que acaba o prazo de presentación.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións do Concello de Becerreá, ás doce horas do segundo día hábil seguinte ó de acabarse o prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán con cargo ó adxudicatario, tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Becerreá, 24 de outubro de 2001.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente