Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación de subministración de equipamento oftalmolóxico de alta tecnoloxía para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e urxente. (Expediente 77/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: subministración de equipamento oftalmolóxico de alta tecnoloxía para o CHUS, estructurado en 4 lotes:

Lote 1: sistema dixital de análise de imaxe con traspaso de datos do sistema ANTIG.

Lote 2: láser fotocoagulador con adaptador a lámpada de fendedura.

Lote 3: láser fotocoagulador infravermello con lámpada de fendedura e adaptador de lámpadas.

Lote 4: sistema de queratoplastia lamelado.

Orzamento estimado: vintesete millóns cincocentas mil pesetas (27.500.000 pesetas), cento sesenta e cinco mil douscentos setenta e oito euros con trinta e tres céntimos (165.278,33 euros), IVE incluído.

Orzamento por lotes:

Lote nºOrzamento

Prezo unitario/pesetasPrezo unitario/euros

18.915.00053.580,23

24.535.00027.255,90

36.550.00039.366,29

47.500.00045.075,91

Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presente oferta:

Lote nºImporte en pesetasImporte en euros

1178.3001.071,60

290.700545,12

3131.000787,33

4150.000901,52

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislati

vo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e urxente.

Prazo de execución: vinte días, desde a formalización do contrato. Este contrato non admite prórroga.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditación libre, atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditación libre, atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación.

1. Oferta económica: ata 50 puntos.

2. Oferta técnica:

Calidade: ata 40 puntos.

Servicio técnico post-venda: ata 10 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, A Choupana s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ás 10 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela