Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 26 de setembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, propostas de resolucións de expedientes administrativos de desafiuzamento por non ocupación, derivados de regularización (expediente 29 e 46/2001).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos sinalados no anexo, as propostas de resolución de desafiuzamento acordadas pola instructora dos expedientes do IGVS da Coruña por non destina-las vivendas a domicilio habitual e permanente dos beneficiarios ou arrendatarios, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do IGVS da Coruña alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións o órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 26 de setembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 29/2001.

Expedientada: Amparo Calvo Leira e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ García Sabell, bloque 16, nº 1, 4º esq., Polígono de Caranza (Ferrol).

(Expediente C-2-CD/68, conta 1088).

Nº de expediente de desafiuzamento: 46/2001.

Expedientado: Juan Fernández Souto e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Polígono Elviña 2ª fase, bloque 2, P-6, baixo D (A Coruña).

(Expediente C-3-CD/70, conta 102).