Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 20 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador OU 046/01P en materia de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 2091-0388-

90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó de firmeza da presente resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Malia o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 20 de setembro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 46/01P.

Denunciado: Juan Carlos González Castelao.

DNI: 10071242-W.

Último enderezo coñecido: r/ Cervantes, nº 19-1º Ponferrada (León).

Feitos probados: pescar con máis canas das permitidas (2).

Precepto infrinxido: artigo 10 da Orde do 20 de xaneiro de 2000, pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 33.4º da Lei de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: multa de 5.000 pesetas.