Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 27 de setembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, proposta de resolución do expediente administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título legal. (Expediente 51/1999).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, a proposta de resolución de desafiuzamento acordada pola instructora dos expedientes do IGVS da Coruña por ocupación sen título legal para elo, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114-

/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do IGVS da Coruña alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 27 de setembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 51/1999 (ocupación s/título).

Expedientada: Carmen Iglesias Mosquera e outro.

Último domicilio coñecido: Rúa García Lorca, bloque 10, nº 12, 3º A, Polígono de Vite (Santiago de Compostela).

(Expediente C-4-IV/75, conta 160).