Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 306 e 307/2001.

Non sendo atopados nos domicilios coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por

este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándolles que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia delegación provincial da Coruña. Noutro caso, porcederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

A Coruña, 26 de setembro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Exp. nºActa nºTitularNIF/DNIEnderezoMateriaData Res.Sanción

306/2001227/2001Lijual, S.L.B-15.732.977Ángel del Castillo 3 P-3 baixo, CulleredoSeguridade e

hixiene

14-8-2001350.100 ptas.

307/2001228/2001Lijual, S.L.B-15.732.977Ángel del Castillo 3 P-3 baixo, CulleredoSeguridade e

hixiene

14-8-2001Deixar sen efecto a acta 228/2001, por inexistencia da infracción.