De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Peixeiras e Compradores de Peixe e Marisco do Salnés, que abranguen os seguintes ámbitos.
Territorial: comarcal.
Profesional: comercialización de peixes e mariscos.
Asinan a acta de constitución: Consuela Galiñanes Cacabelos e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 18 de setembro de 2001.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra