Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 1 de outubro de 2001, da Delegación Comarcal de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de expedientes sancionadores (PESAN1 2001/000118-5 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan, as propostas dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto para presentaren ante a delegación territorial as alegacións que coiden pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Comarcal de Pontevedra, r/ Andrés Mellado, 15-1º.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000118-5.

Denunciado: Celestino Muelle Rodil.

DNI: 35448919-P.

Enderezo: lugar de Outeiro, 9, Adigna, Sanxenxo.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000211-5.

Denunciado: Manuel Castro Santos.

DNI: 35279936.

Enderezo: avda. de Vigo, 61, baixo, Cangas.

Pontevedra, 1 de outubro de 2001.

Carlos Costa Fraga

Delegado comarcal de Pontevedra