Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa do parque eólico ampliación Pena da Cruz. (Expediente IN661A 01/11-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa do parque eólico ampliación Pena da Cruz, coas seguintes características básicas:

-Denominación: parque eólico ampliación Pena da Cruz.

-Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

-Enderezo: avda. do Cruceiro da Coruña, nº 201-A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

-Situación: terreos situados nos concellos de Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa e Montederramo (Ourense).

-Delimitación, superficie e potencia:

As coordenadas UTM (m) do polígono que delimita a zona de implantación son:

PuntoUTM-xUTM-y

16310004686000

26300004686000

36300004685750

46270004685750

56270004683350

66300004683350

O parque eólico disporá dun conxunto de 12 aeroxeradores modelo G-52, de 850 kW de potencia unitaria, o que suma unha potencia bruta total de 10,2 mW. Superficie afectada: 852,5 ha.

-Alegacións, solicitudes en competencia:

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de vinte días. En igual prazo presentaranse as solicitudes en competencia, as que se axustarán ó disposto no artigo 10 do citado decreto.

Ourense, 10 de outubro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense