Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de proposta de resolución dun expediente sancionador en materia de espectáculos públicos AC-EP 297/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada no expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes ante o instructor do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

A Coruña, 26 de setembro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número expediente: AC-EP 297/2001.

Denunciado: Rosa y Ana Cristina, S.C.

DNI/NIF: G-15706484.

Domicilio: Perguisa-Cabo de Cruz, Boiro.

Establecemento: Camelot.

Precepto infrixido: 26-e) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Sanción: 25.000 pesetas.