Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.168

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (564/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 564/2001, seguidos por instancia de Carlos Vázquez García e outro contra

Galifarma, S.L. e Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 27-9-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Carlos Vázquez García e José Manuel Rodríguez Rey, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L. a que, á súa elección, que ha de efectuar no prazo de cinco días, os readmita no seu posto e condicións de traballo ou os indemnice coa cantidade de 714.279 pesetas a Carlos Vázquez García e 450.979 pesetas a José Manuel Rodríguez Rey, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden á cantidade de 738.400 pesetas a Vázquez García e 532.064 pesetas a Rodríguez Rey.

Absolvo da demanda a codemandada Galifarma, S.L.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 564-2001, do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírtese a parte demandada de que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboarlle á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado