Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.169

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (187/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste

xulgado se seguen autos nº 187/2001, seguidos por instancia de Juan José Acevedo García e outro, contra Fogasa e outro sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 19-7-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Juan José Acevedo García e Alfonso Conde Lusquiños, condeno a empresa Infraestructuras y Canalizaciones de Galicia, S.L. a que lles abone as cantidades de 796.679 e 416.437 pesetas que lles debe en concepto de salarios.

Absolvo da demanda o Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Prevese á empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 187-2001, do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Infraestructuras y Canalizaciones de Galicia, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 1 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado