Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.166

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 25 de outubro de 2001 pola que se procede ó nomeamento como funcionarias do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), das aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000.

Finalizado o proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C) convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000 (DOG nº 115, do 14 de xuño) e celebrado o día 24 de outubro de 2001 o acto previsto na a Orde do 17 de outubro de 2001 (DOG nº 203, do 19 de outubro),

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991 polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarias do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C) as aspirantes que superaron o proceso selectivo ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C) polo sistema

de acceso libre e que se relacionan no anexo desta orde, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles, como destinos provisionais, os que figuran no anexo.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionarias, as persoas ás que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

Terceiro.-O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente orde, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Apelidos e nomeDNICódigo do postoDenominación do postoConcelloCarácter

Losada Cruz, Margarita32666330EFC020000015770010Posto base grupo CSantiago de CompostelaProvisional

Tourón Torrado, Mª Rita36059054CUC060000115770010Xefe de grupoSantiago de CompostelaProvisional

Cancela Pereiro, Mª Natividad33289926CUC020000115770039Xefe de grupoSantiago de CompostelaProvisional