Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello aprobou, o día 31-8-2001, o prego de condicións que rexerán as contratacións por procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración Tubería PVC, DN 315, SN-4 e estación depuradora Fiberglás e/ou similares. As unidades están fixadas no prego de condicións. A entrega realizarase no Concello de Nogueira de Ramuín.

Anúnciase simultaneamente o concurso, se ben, se aprazará cando resulte necesario, de presentarse reclamacións.

-Prezo: non se sinala. Debe ser ofertado polos licitadores para cada artigo que figura nos pregos de condicións.

-Garantías:

Tubería PVC, DN 315, SN-4:

-Provisional: 41.305 pesetas (248,25 euros).

-Definitiva: 82.610 pesetas (496,50 euros).

Estación depuradora giberglás e/ou similares:

-Provisional: 53.126 pesetas (319,29 euros).

-Definitiva: 106.256 pesetas (638,61 euros).

-Presentación de plicas: nos 8 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP/DOG. (Conta desde a última publicación), horario das 9 ás 12 horas, no rexistro do concello.

-Apertura de ofertas: o seguinte día hábil á apertura dos sobres A, en sesión pública na casa do concello, ás 12 horas.

Nogueira de Ramuín, 27 de setembro de 2001.

José Eugenio Galindo González

Alcalde