Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno adoptou o acordo nº 22044 na sesión do día 30 de xullo de 2001 polo que se aproba definitivamente o proxecto de urbanización do polígono 4, promovido por Inmobiliaria Urbis, S.A.

Contra este acordo pódese interpoñer, directamente no prazo dun mes, desde a publicación deste, o recurso de reposición ante esta alcaldía, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 52.1º da 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. O dito recurso deberá resolverse no prazo dun mes desde a for

mulación do recurso de reposición e pasado este mes enténdese desestimado; e contra a desestimación por silencio pode interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de seis meses, de conformidade cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e se o recurso de reposición se resolve expresamente, o prazo para interpoñer recurso contencioso-administrativo será de dous meses conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, ante o mesmo xulgado.

Poio, 3 de outubro de 2001.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde