Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO IRIXO

CONTRATACIÓN por concurso aberto dos traballos de consultoría e asistencia para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Urbanística.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Irixo.

2. Obxecto do contrato: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

3. Prazo de execución: punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto e urxente.

5. Orzamento base de licitación: 10.231.341 pesetas.

6. Garantías: provisional: 204.626 pesetas. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

7. Obtención de documentación e información: Concello do Irixo. Enderezo: praza Calvo Sotelo, 10. Teléfono: 988 28 74 00-988 28 74 62. Fax: 988 28 75 84.

8. Requisitos específicos do contratista: acreditación de solvencia económica, ter relación co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato.

9. Presentación de ofertas: data límite de presentación o décimo terceiro día natural desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG (última publicación), no rexistro xeral do concello, de luns a sábado de 9 a 14 horas, ou ben de calquera das maneiras previstas na Lei 30/1992. Presentarase a documentación e modelo de proposición esixidos no prego de condicións.

10. Apertura de ofertas: ás 12 horas do primeiro día hábil seguinte ó do remate da presentación de ofertas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: sométense á información pública durante o prazo de oito días hábiles, desde a publicación deste anuncio no BOP, para que os interesados poidan examinalo e, de selo caso, presentar reclamacións. De presentarse reclamacións, a licitación quedará suspendida ata que estas se resolvan.

O Irixo, 24 de outubro de 2001.

O alcalde

Rubricado