Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2001 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación urxente para a contratación da subministración e instalación de equipamento de material informático para o Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación da subminis

tración e instalación de equipamento de material informático para o Igape.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro, s/n. 15703 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 16 93, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: C.P. 16/01

2. Obxecto do contrato: subministración e instalación de equipamento de material informático para o IGAPE, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1: ordenadores de usuario.

Lote 2: impresora departamental.

Lote 3: servidor web.

Lote 4: sistema de copias de seguridade.

Lote 5: ordenador portátil.

Lote 6: escáners de rede.

Lote 7: impresoras individuais.

Lote 8: impresoras para grupos de traballo.

Prazo de entrega: máximo 20 días desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo total de licitación: 2.028.913,40 A, 13.308.800 pesetas (trece millóns trescentas oito mil oitocentas pesetas), incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), coa seguinte desagregación por lotes:

Lote 1.-Ordenadores de usuario: 792.887,34 A, 5.201.000 pesetas.

Lote 2.-Impresora departamental: 229.024,16 A, 1.502.300 pesetas.

Lote 3.-Servidor web: 320.300,28 A, 2.103.000 pesetas.

Lote 4.-Sistema de copias de seguridade: 190.561,27 A, 1.250.000 pesetas.

Lote 5.-Ordenador portátil: 76.529,41 A, 502.000 pesetas.

Lote 6.-Escáners de redes: 228.673,53 A, 1.500.000 pesetas.

Lote 7.-Impresoras individuais: 114.336,76 A, 750.500 ptas.

Lote 8.-Impresoras para grupos de traballo: 76.224,51 A, 500.000 ptas.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación dos lotes ós que se concorra.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Enderezo: barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

l) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do oitavo día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do remate do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense variantes sobre a configuración técnica dos equipos e prezos ofertados.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 11.30 horas do quinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 11.30 horas do décimo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica