Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2001 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da asistencia técnica para a realización dun plan de seguridade informática da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga).

Dependencia tramitadora: Secretaría do Ilgga.

Número de expediente: concurso 3/2001.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para o plan de seguridade informática da consellería.

b) Lugar de entrega: nos servicios centrais do Ilgga, sitos na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela.

c) Prazo de entrega: 45 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: por concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 10.000.000 de pesetas.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 400.000 pesetas.

6. Obtención de información e documentación:

Entidade: Ilgga.

Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n.

Código postal e localidade: 15704, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 62 60.

Fax: 981 54 61 91.

Data límite de obtención de documentos e información: o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas:

Data límite: o prazo de presentación finalizará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe na contratación.

Lugar de presentación: no rexistro do Ilgga, sito na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Com

postela (CP 15704). Tamén poden achegarse as proposicións por correo, do xeito previsto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Modelo de presentación: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo obrigatorio para mante-la oferta: 3 meses.

Variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas:

Entidade: Ilgga, celebrándose o acto público na sala de xuntas.

Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela.

Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non sexa sábado ou festivo, caso no que sería o seguinte día hábil.

Hora: ás 13 horas.

9. Documentación de interese para os solicitantes:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse no rexistro do Ilgga (rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela).

10. Gastos do anuncio:

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2001.

Secundino Grobas Mosquera

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia