Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de setembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, resolucións de expedientes de desafiuzamento por non ocupación, derivados de regularización (expediente 3 e 12/2001).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo sinalado no anexo, ás resolucións de pleno dereito dos contratos das vivendas que lles foron adxudicadas por non destinalas a domicilio habitual e permanente, rematando así os expedientes de desafiuzamento ó amparo do disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro e no artigo 138.6º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Pública e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 24 de setembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 3/2001.

Expedientado: José O. Rodríguez Pita e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Sta. Mariña, Campo de Chao nº 5-3-1º (Ferrol).

(Expediente C-420, conta 20).

Nº de expediente de desafiuzamento: 12/2001.

Expedientado: Manuela Pita Fernández e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ do Mourel 23-1, 6º D, Esteiro-Telleiras (Ferrol).

(Expediente C-82/010, conta 160).