Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 26 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se notifica a Resolución do 11 de xullo de 2001, dictada no expediente sancionador PO-34/2001, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á mercantil que de seguido se relaciona, a resolución da Dirección Xeral de Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número PO-34/2001, incoado á titular do establecemento denominado Sete Mares, situado na rúa Travesía de Vigo, 2, do concello de Vigo, xa que intentada polos medios habituais non se puido practicar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que coiden oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pontevedra. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3-6-1987).

Expediente: PO-34/2001.

Sancionada: Dublín Siete, S.L.

Establecemento: café-bar Sete Mares.

Domicilio: rúa Travesía de Vigo, 2.

Localidade: Vigo.

Resolución: 11 de xullo de 2001.

Precepto infrinxido: art. 87.7º da Lei 9/1997, do 21 de agosto.

Sanción: cen mil unha (100.001) pesetas.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2001.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo