Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 1 de outubro de 2001, do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios de substitución na zona de Camporredondo (Baralla-Lugo).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Camporredondo (Baralla-Lugo) e estando resoltos tódolos recursos presentados, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisional dos novos predios, establecendo como data límite para esta o día 30 de outubro de 2001. A dita toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados. No caso de que algún propietario non permita a toma de posesión dos predios de substitución no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da antedita lei.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985, os interesados poderán reclamar, ante este servicio, sito na Ronda da Muralla nº 70 de Lugo, acompañando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de trinta días, contados desde o día seguinte á data en que os predios de substitución se poñan ó dispor dos participantes para que tomen posesión deles.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outorga ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos nas leis.

En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre o achegante e o adxudicatario. No caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de contribución dentro dos tres meses seguintes á data da toma de posesión, logo da petición ó Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural, da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, no caso de seren especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo, enténdese que pertencen ó propietario do novo predio.

Lugo, 1 de outubro de 2001.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais