Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2001 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Peña Armada (modificado número 1). (Expediente 041-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en r/ Betanzos, 1-1º esqda., 15004 A Coruña sobre a utilidade pública das instalacións do parque eólico denominado Peña Armada (modificado nº 1), resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 19 de abril de 2000, Luis María Añíbarro Iglesias, en nome e representación de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Peña Armada. Co obxecto de non inferir coa Rede Natura 2000, a Consellería de Medio Ambiente solicita que se proceda a modifica-lo proxecto inicial, presentando o promotor o dito proxecto modificado o 15 de novembro de 2000, de 20,7 MW, e a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as

actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617 e 2619/1996, do 20 de outubro, xa mencionado, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial de Industria de Lugo do 11 de decembro de 2000, publicada no DOG e BOE do 28-12-2000, nos diarios El Progreso e La Voz de Galicia do 27-12-2000, no BOP de Lugo do 10-1-2001 e no taboleiro de anuncios do Concello de Friol (Lugo).

Terceiro.-O 23 de abril de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Cuarto.-O 16 de maio de 2001, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo corresponden

te proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

NomeMunicipioVértices

XY

Peña ArmadaFriol0.588.0004.761.000

0.591.2004.761.000

0.590.0004.757.000

0.588.0004.757.000

Nº de aeroxeradores: 23.

Potencia unitaria por aeroxerador: 900 kW.

Xeradores: Negmicon NM 900/52 kW.

Potencia total instalada: 20,7 MW.

Producción neta anual estimada: 53.820 MWh/ano.

Investimento previsto: 2.788.850.000 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-23 aeroxeradores tipo Negmicon NM 900/52, de 900 kW de potencia nominal unitaria.

-23 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador cos seus correspondentes aparellos de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora de 20/66 kV.

-Subestación transformadora 20/66 kV, para evacuación de enerxía producida no parque eólico de Peña Armada, composta por un transformador principal 20/66 kV de 30 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal, cos seus correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Quinto.-O 21 de maio de 2001 Luis Ricoy Iriarte, en nome e representación da empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., solicitou a declaración de utilidade pública, do parque eólico denominado Peña Armada (modificado nº 1), de 20,7 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citado.

Sexto.-O proxecto coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados someteuse a información pública mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, do 11 de xullo de 2001, para os efectos previstos na normativa mencionada no

primeiro antecedente de feito, publicándose nos seguintes medios: BOE do 19-7-2001, diario La Voz de Galicia e El Progreso do 19-7-2001, DOG do 20-7-2001, BOP de Lugo do 24-7-2001 e no taboleiro de anuncios do Concello de Friol e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Sétimo.-Durante o período de información pública, Esther Dablanca Buján, Basilio Ascariz Barallobre, Josefa Seoane Ramos, Plácido Jul Penas e Ramón Rebolo Jul, en nome propio e como comuneiros en beneficio do monte veciñal en man común de Xiá, manifestan o seguinte:

-O carácter especial e utilidade prevalente que para a citada comunidade de montes veciñais teñen os montes que se van expropiar, así como a inxustificación do interese social da declaración de utilidade pública do proxecto.

-A necesidade de declaración expresa do Consello da Xunta de Galicia de prevalencia de utilidade pública da instalación sobre o propio monte, e en caso de darse esta, o carácter temporal da expropiación por un prazo máximo de 30 años, de acordo co artigo 7 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

-Por último, a inexistencia do preceptivo estudio de impacto ambiental no correspondente expediente.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas por Esther Dablanca Buján, Basilio Ascariz Barallobre, Josefa Seoane Ramos, Plácido Jul Penas e Ramón Rebolo Jul, en nome propio e como comuneiros en beneficio do monte veciñal en man común de Xiá, da contestación dada a ela por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, cabe dici-lo seguinte:

-Con respecto á xustificación da utilidade pública e interese social deste tipo de proxectos, hai que acudir ó Decreto 205/1995, xa citado, que establece, como obxectivo prioritario da política enerxética da Xunta de Galicia a utilización racional da enerxía, en particular, o aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, de acordo tanto coas directrices da Unión Europea como do Plan Enerxético Nacional (....) que inclúe entre as súas prioridades de política

enerxética aumenta-la contribución dos autoxeradores á producción da enerxía eléctrica.

-A tramitación procedente para a prevalencia de interese público é a establecida no artigo 6 do regulamento da citada Lei 13/1989, do 10 de outubro, de MVMC, sendo solicitada esta polo promotor con data 24-7-2001. Con respecto á temporalidade da posible expropiación, o artigo 6.3º da dita lei establece que se como consecuencia da expropiación quedase o monte fóra da titularidade dominical da comunidade, esta subsistirá para o exercicio dos dereitos que caiban e como titular do eventual dereito de reversión.

-En relación coa última manifestación dos alegantes, cabe dicir que o estudio de impacto ambiental foi sometido a información pública mediante resolución da Delegación Provincial de Industria de Lugo, do 11 de decembro de 2000, publicándose no Diario Oficial de Galicia de 28-12-2000.

Terceiro.-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico, declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Peña Armada (modificado nº 1), no municipio de Friol (Lugo), o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207,

do 26 de outubro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio