Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 20 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 9/2001 RES por infracción en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novemro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula notifícaselle a Burguer Max, propiedade de Andino Villaverde Iglesias, con domicilio na rúa Padre Amoedo nº 8 de Pontevedra, a resolución do expediente sancioandor 9/2001 RES por infracción en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra, e que consta nos locais da Dirección Xeral de Saúde Pública (Camiño do Francés 10, baixo), para que o expedientado poida ter coñecmento do contido dela.

Fáiselle saber, así mesmo, o dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de conformidade coa sanción deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco de Bilbao Vizcaia, sucursal de Santiago de Compostela.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2001.

Manuel Barral Castro

Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: 9/2001 RES.

Denunciado: Burguer Max propiedade de Andino Villaverde Iglesias.

Último enderezo coñecido: Rúa Padre Amoedo nº 8, Pontevedra.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: artigo 35.B) da Lei 14/1986 (xeral de sanidade), artigo 2.3º 4 do R.D. 1945/1983.

Precepto sancionador: Lei 14/1986 (xeral de sanidade), R.D. 1945/1983 (infraccións e sancións).

Infracción proposta: 500.001 pesetas.