Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. e C.T. edificio A Paloma, r/ Alcázar de Toledo, 7.
Situación: concello de Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 95 m de lonxitude, con conductor de 3x95 mm, desde o C.T. As Cachadas ata o C.T. que se proxecta no nº 7 da rúa Alcázar de Toledo, no edificio A Paloma, no concello de Ponteareas. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 14 de setembro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra