Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se abre información pública para a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita para efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente IN661A 01/2-4).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a seguinte solicitude:

Solicitante: Central Eléctrica de Maceira, S.L.

Enderezo social: r/ Gabino Bugallal, 44 Ponteareas.

Título: parque eólico Chan do Xeito.

Concello afectado: O Covelo.

Superficie afectada: 935,5 ha.

Coordenadas UTM (x,y):

V(550.100, 4.684.000), V(549.500, 4.683.000)

V(549.500, 4.682.000), V(550.500, 4.682.000)

V(551.000, 4.683.000), V(551.500, 4.683.000)

V(551.500, 4.682.000), V(552.000, 4.682.000)

V(552.500, 4.681.700), V(552.700, 4.681.400)

V(553.200, 4.681.400), V(553.200, 4.681.400)

V(554.000, 4.683.000), V(550.500, 4.683.000)

V(552.200, 4.684.000)

Número de aeroxeradores que se vai instalar: 20.

Potencia unitaria: 1.300 kW.

Potencia que se vai instalar: 26 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, sita na r/ Eduardo Pondal, número 64 de Pontevedra.

Pontevedra, 23 de agosto de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra