Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/323-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre-

to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: C.T. en urbanización Dismareate.

Situación: concello de Ponteareas.

Descricións técnicas: C.T. con dous trafos de 630 kVA cada un, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V, no edificio Dismareate, na rúa Nova perpendicular á avda. Fernández de la Mora, no concello de Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 14 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra