Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de setembro de 2001, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala (Rodríguez Varela, Manuel).

O redadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio

comunica que se seguen neste órgano de recadación de procedementos administrativos de constrinximento contra o debedor que se sinala na relación que se xunta, segundo establece o artigo 10 do Regulamento xeral de recadación. No devandito expediente practicouse dilixencia de embargo sobre o ben que aparece como propiedade do debedor dilixencia que non lle puido ser notificada ó interesado malia ós intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da comunidade autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais administrativos e de orde social, emprázase o interesado, ou os seus representates, para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 10 de setembro de 2001.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

Interesado: Rodríguez Varela, Manuel.

NIF: 34241500C.

Data dilixencia: 21-8-2001.

Descrición do ben: Mercedes Benz 300D, PO-6777-AK.