Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.117

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (765/2000).

Nos autos que se seguen neste xulgado co número arriba indicado, sobre cantidade, por instancia de Estefanía Barral Eiriz contra Campos y del Moral, S.L., dictouse resolución do seguinte teor literal:

«Providencia maxistrada xuíza Sra. López Juiz.

Santiago de Compostela, un de outubro de 2001.

Dada conta, visto o estado que manteñen as presentes actuacións, e toda vez que no expedien

te 820/2000 que se segue neste xulgado se están practicando as notificacións á empresa Campos y del Moral, S.L. co domicilio na avenida de Lugo nº 29-3º A, Monterroso-Lugo, inténtense as ditas citacións e notificacións nese enderezo, en caso de que resultasen negativas líbrese oficio ó DOG para que sexa citado por edictos co fin de que compareza o vindeiro día 28 de novembro de 2001 ás 9.45 horas da mañá, co obxecto de celebra-los actos de conciliación e xuízo e que se celebrará na sala de audiencia deste xulgado, sita no piso primeiro do Pazo de Xustiza, na rúa Viena, s/n desta cidade. Cítense as partes en legal forma ó dito acto, entregándolle ó demandado copia da demanda, e demais documentos que a acompañen, no caso de que sexa citado por edictos quedan ó seu dispor na secretaría deste xulgado.

Advírtanse as partes de que: a) poden comparecer ou defendérense persoalmente ou por medio dun representante designado mediante poder bastante, comparecencia ante este xulgado ou ante o de Primeira Instancia ou de Paz do seu domicilio; b) a celebración do acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola falta inxustificada de asistencia das partes, nin por enfermidade destas nin dos seus representantes ou defensores, podendo estes substituí-la representación ou defensa conforme as leis; c) terase por desistido o demandante se non comparece; d) os litigantes ou os que os representen deberán acudir con tódolos medios de proba de que se intenten valer; e e) o demandado que se intente valer de avogado, graduado social ou procurador deberao pór en coñecemento deste xulgado por escrito dentro das 48 horas seguintes á citación. Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que cabe interpor recurso de reposición no prazo de 5 días perante este mesmo xulgado.

Mándao e asínao S.Sª, do que dou fe».

E para que se publique no DOG e sirva de notificación, citación e requirimento a Campos y del Moral, S.L., expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o un de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado