Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.116

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (624/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 624/2001, seguidos por instancia de Jacinto Gómez Louzao e outros, contra Aplicaciones Técnicas de Telecomunicaciones, S.L., sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 27-9-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que, estimando a demanda formulada por Jacinto Gómez Louzao, Javier Pardal Vidal e Eliseo Gayoso

Rozas, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Aplicaciones Técnicas de Telecomunicaciones, S.L. a que, á súa elección, que ha de efectuar no prazo de cinco días, os readmita no seu posto e condicións de traballo ou os indemnice coa cantidade de 291.156 pesetas a Jacinto Gómez Louzao, 271.822 pesetas a Javier Pardal Vidal e 30.744 pesetas a Eliseo Gayoso Rozas, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden a cantidade de 676.800 pesetas a Gómez Louzao 494.628 pesetas a Pardal Vidal e 434.092 pesetas a Gayoso Rozas.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente perante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604 0000 60 624-2001, do Banco de Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada «Conta do Xulgado do Social número tres», o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírtese a parte demandada de que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Aplicaciones Técnicas de Telecomunicaciones, S.L., expido e asíno esta cédula na Coruña o 27 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado