Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.116

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (319/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 319/2001, seguidos por instancia de José Ignacio Charlín Cousillas e Francisco Carballeira Portela, contra Antonio Varela Fraga, S.L., sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 25-9-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada pro José-Ignacio Charlín Cousillas e Francisco Carballeria Portela, condeno a empresa Antonio Varela Fraga, S.L. a que lles aboe as cantidades 873.866 pesetas e 798.254 pesetas, respectivamente.

Notifíquese a presente resolución as partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anucialo previamente ante este Xulgado do Social no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 319-2001, do BBVA desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asíno».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Antonio Varela Fraga, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o 25 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado