Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.116

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (209/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 209/2001 por instancia de Antonio Porteniro Lantes contra a empresa Excavaciones Transcero, S.L. y Licesio Acero Fernández sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña, o 27 de setembro de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 209/2001, seguidos por instancia de Antonio Porteiro Lantes, maior de idade, asistido por Mª Luisa Tato Fouz, contra a empresa Excavaciones Transcero, S.L., Licesio Acero Fernández, e Fondo de Garantía Salarial, que non compareceron nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar y estimo a demanda interposta polo demandante Antonio Porteiro Lantes contra Excavaciones Transcero, S.L. e Licesio Acero Fernández, e debo condenar e condeno as empresa a que lle aboen ó demandante a cantidade de 169.895 pesetas polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida non cabe ningún recurso, sendo firme en dereito.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación á empresa Excavaciones Transcero, S.L. e Licesio Acero Fernández mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado