Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.115

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO (4879/2001).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Ignacio Pardo de Vera López, en nome e representación do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Ourense contra Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisións de oficinas de farmacia (DOG nº 125, do 28 de xuño), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Recurso número: 02/004879/2001.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese

lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 1 de outubro de 2001.

Isabel Freire Corzo

Secretaria do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia